XII Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas. Santiago de Compostela, 23-25 outubro de 2020

A Federación Española de Asociacións Xacobeasconvoca o XII Congreso Internacional. Estas xuntanzas, que se veñen celebrando cada tres anos dende 1987, en que Jaca acolleu a primeira aínda con Elías Valiña como Comisario do Camiño de Santiago, constitúen un bo termómetro para analizar a realidade actual da peregrinación xacobea, así como unha oportunidade para o encontro e mailo intercambio de ideas entre quen estamos, dalgún xeito, vencellados ó Camiño.

Na presente cita, baixo o lema “Camiños de Santiago, Camiños de Europa”, en realidade semellante ó do II Congreso celebrado en Estella (1990), pretendese analizar non tanto o pasado ou o presente, senón por riba de todo o futuro próximo, de aí o subtítulo ‘Unha mirada cara o ano santo e Xacobeo 2021’.

Como consecuencia da pandemia de Covid-19 o encontro, inicialmente previsto para maio, se ten trasladado á finais de outubro, e a sé tamén ten mudado, polo apoio manifestado pola Xunta de Galicia á iniciativa, de Madrid a Santiago.

Cunha programación que de partida parece propiciar o análise da actual problemática xacobea e mailo debate, se vai incidir en aspectos como a multiplicación das rutas xacobeas, a necesidade de preservar a hospitalidade tradicional, as motivacións que dan pulo ós peregrinos do novo milenio, a catalogación e preservación do patrimonio cultural do Camiño ou a accesibilidade, sustentabilidade e adecuación ás novas tecnoloxías.

Ó anterior haberá que engadir, inevitablemente, unha axeitada reflexion sobre o futuro que agarda ó Camiño trala pandemia, e se esta vai marcar algún cambio no modo de peregrinar ou todo vai volver á situación precedente máis tarde ou máis cedo.

A sé do congreso será o Auditorio de Galicia de Santiago, emprazado no Campus Norte, a dez minutos a pé da catedral.

www.12congresojacobeo.com/bienvenida

    0
    Cesta de compra
    O carriño está valeiroVoltar á tenda