Que é Andantes?
ANDANTES é:
Unha web feita por peregrinos e para peregrinos.
Plantexada con imaxinación e sentido do humor.
Coa participación estelar do cabaleiro Andante e do seu fiel escudeiro.
Independente e con espíritu crítico.
Comprometida na defensa dos valores tradicionais da peregrinación.
Atenta á actualidade do Camiño.
Ultra-práctica e posta ao día continuamente.
Cunha concepción global que abarca o antes, o durante e o despois do Camiño.
Rompedora: Rematáronse as etapas, cada un é libre de plantexalas ao seu gusto.
Na que colaboran persoas reputadas do mundo do Camiño.
Unha guía de autor, non sometida a intereses comerciais.
E con vocación global, con textos en castelán, galego, inglés e chinés (por agora).
Que polo momento se centra en Galicia, un universo en miniatura cos seus nove camiños.
E pouco a pouco iremos volcando información dos camiños e noticias.
Contando con todos vós para mellorar e crecer.
Nós somos:
Antón Pombo, peregrino desde 1984 e colaborador de Elías Valiña, activo en diferentes asociacións de amigos do Camiño de Santiago, periodista especializado na peregrinación xacobea, colaborador de Gronze e autor das guías do Camino de Santiago de Anaya, as máis vendidas en lingua castelá.
Pepe Formoso, profesional da comunicación, director de Radio Nordés-Cadena Ser ata 2020, peregrino, membro de asociacións do Camiño de Santiago como FICS, AGACS, SOLPOR entre outras e propietario dun albergue e un hotel no Camiño.